Vistas de página en total

miércoles, 13 de julio de 2011

Na historia chove igual que sobre esta cidade

Seguindo coa entrada anterior, velaquí...



...un conxunto de fulanos de diversas categorías taxonómico-estético-festivas que, unha de tantas noites compostelanas no Malas Pécoras, no Avante, ou no Ruta, ou probablemente non lembren onde estaban…tras unha importante pérdida neuronal como consecuencia de varios gin-tonic, gin-kas ou derivados do “gin”, en xeral, compran unha mesa-portátil ou un portátil-mesa, exhuman aquela guitarra “academy” de 10.000 ptas que lles regalou “la tia del pueblo” no Nadal do 93 para montar aquel grupo “heavy-metal” que finalmente resultou ser un plaxio de “Los Piratas”, por iso de que había que ligar…mercan accesorios-típicos-para-emitir-sons-a-máis-de-80DB como micros, cables, jacks (ou como carallo se chame eso), por 3 euros na típica tenda de música da rúa Santiago de Chile e lle alugan a habitación pequena dun piso de dúas habitacións a un colega que vive ao fondo do Pexigo (Compostela), para ensaiar unha hora os venres, antes de sair a consumir máis gin(s)/sustancia(s)-mesturante(s).


Esta historia podería ser perfectamente real, pero a verdade e que eles son DasKapital , e non teño puta idea de como nin por que existen, a pesar de que nesta formación figura un Kaossilator que frecuenta os mesmos bares ca min desde antes de ter idade para frecuentar bares, ou desde a idade da “bicicleta de montaña e o pantalón ciclista”.


O mellor que podedes facer é entrar aquí: http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/2641/ e que sexan eles mesmos os que volo expliquen.

Nesta mesma páxina (máis abaixo) podedes descargar gratuitamente o seu primeiro traballo: “Ruído Negro”, para que o gardedes directamente nos vosos aparellos reprodutores de música xunto cos “superventas” deste verán: “Violentos Anos Dez” de Ataque Escampe, "Jódete y Baila" de Novedades Carminha, “Se Fue” de Leticia Sabater





Afortunadamente, DasKapital non son Leticia Sabater, senon:

Daniel Salgado: Adat e Kaossilator
O Leo: Voz
Marcos Paino: Sintetizadores
Tomás Ageitos: percusións e son en directo
Doutor Chou: Guitarra
Davide Ageitos: Guitarra

Coa colaboración especial de: Manu Paino (trompeta), Alex Salgueiro (sintetizadores), Gonzalo Vilas (acordeón).

Ruido Negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compotela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Producido por DasKapital
Traduccións ao ingles: Patricia Janeiro


Un avance antes de que o descarguedes:


"Manifesto dos Enfermos" - DasKapital ("Ruído Negro" - 2011)


"Narcisismo" - DasKapital ("Ruído Negro" - 2011)


"Nos días do medo" - DasKapital ("Ruído Negro" - 2011)




Recente descubrimento....


"Lembrarás este cuarto" - BANGOR (2011)

De repente non teño máis que colegas que montan grupos e ó carallo.

María do Cebreiro, poeta galega e amiga, ponlle voz a este traballo, xunto con David Miranda. Acabo de escoitalo por primeira vez e ainda non teño unha opinión demasiado formada, pero a primeira impresión foi satisfactoria.

Un estilo máis sereno, acústico, fermosa voz a de María...doce pero profunda....así o define Daniel Salgado, Kaossilator, poeta e amigo:


"Digamos que Lembrarás este cuarto? é un disco contra a aceleración. Conta as verdades pegado á orella e interrompe a circulación da mercadoría das emocións: o trenzado acústico co que David Miranda encarna os poemas de María do Cebreiro remite a Bryter Lyter e aos Go-Betweens e, así, con eses vimbios, opónse á velocidade como método vital e ao espectáculo como estrutura dos sentimentos. Son tamén os dez mil murmurios que ouvía Dylan en 1963 e para os que segue sen haber quen escoite. E con todo é preciso que volver repetir as cousas: “Isto non é un himno / non alegra a ninguén”.

No tempo do saqueo, todo serve á hora de escapar. Tamén a produción de silencios e a necesidade de relatar un lugar fóra de calquera lugar. Segundo o profesor Eagleton, fugarse do ruído continuo é unha boa razón para se facer socialista. Lembrarás este cuarto inscribe no aire das cousas esa posibilidade. E a de corromper o brado constante da histeria do capital. E a de pensar en tirar do freo de emerxencia. Gravado nun cuarto seguramente semellante ao cuarto en que Laetitia Sadier gravou Socialisme ou barbarie, estas dez miniaturas constitúen finalmente un refuxio onde se gorecer da segunda parte desa disxuntiva. Como aquel elepé que Pete Dello, sen que apenas ninguén se decatase, rexistrou en 1971 contra a clausura dos horizontes. Titulouno Into your ears.



Todo serve á hora de decidir fóra do

“Ouvín dez mil murmurios e ninguén escoitando”"

Podédelo descargar aquí: www.aregueifa.net


Bangor son:


David Miranda: guitarra, voz
María do Cebreiro: voz

Lembrarás este cuarto?
foi gravado en decembro de 2008 nos Estudios Abrigueiro (Friol), con Jahel Piñeiro como técnico de son e Arturo Vaquero en labores de produción, que tamén colaborou incorporando percusións, baixo e sintetizadores. A mestura e masterización final foi realizada por Paco Liaño nos Estudios Treboada (A Coruña), en setembro de 2010.

Deseño gráfico: Pablo Cayuela e Xosé Carlos Hidalgo



Un avance:


"Eu Nunca" - BANGOR ("Lembrarás este cuarto?" - 2011)


"Así o farei" - BANGOR ("Lembrarás este cuarto?" - 2011)





"Jódete y Baila" - NOVEDADES CARMINHA (2011)


Tras el éxito de "Te vas con cualquiera" y "Sinceramente Carminha", los tres carminhas compostelanos asentados en Madrid, presentaron el pasado mes de abril su 3º trabajo: "Jódete y Baila".

Todos aquellos que me conocéis bien, sabéis que Novedades Carminha es uno de mis grupos favoritos en la actualidad:


"Quería abrirle una boutique a mi mujer; siempre le gustó la lencería y el encaje de Camariñas…yo sin embargo, que siempre fui un freudiano del extrarradio, gran amante del queso de tetilla, hable con Carminha, mi esposa y mentora, para destinar el dinero de la tienda de novedades textiles a vino y punk, permaneciendo el nombre de la boutique inalterado. Novedades Carminha somos tres, un poquito oligofrénicos pero buenos chavales. Nos gustan los vinilos y los cassettes de gasolinera por igual. Además somos el grupo favorito de Marichalar..."


Sublimes.


"Santiago Apostol" - NOVEDADES CARMINHA ("Jódete y Baila" - 2011)


"Pesetas" - NOVEDADES CARMINHA ("Jódete y Baila" - 2011)


"Yo no uso condón" - NOVEDADES CARMINHA ("Te vas con cualquiera" - 2009)


"Mata a teu pai" - NOVEDADES CARMINHA ("Te vas con cualquiera" - 2009)



Mi preferida sigue siendo esta:


"Échame gel" - NOVEDADES CARMINHA ("Te vas con cualquiera" - 2009)




E xa chegou por hoxe.


Bailen mucho todo el verano, fulanitas y fulanitos.

1 comentario:

  1. ARRRRRRRE DEMO!!!

    Estaba eu cotilleando nas miñas estadísticas e atopo un blog con nome interesante.

    Entro no blog e atópome como se estivese tomando unha un sábado pola noite.

    Xenial!!! Moi interesante isto de que a todos lles de por artistear, paréceme un xeito moi loable de saír do aburrido "panorama mundial" que temos, e niso tamén te inclúo a ti, que para algo estás no difícil papel de propagandealos a todos (xa te invitarán a unhas copas, digo eu)

    Por certo, gustoume moito a canción "Eu nunca" de Bangor. Lembroume a unha canción dun grupo que se chamaba Le Mans, pero en galego.

    Bicos

    ResponderEliminar